Obxectivos xerais
- Formación de técnicos de nivel superior no ámbito da prevención de riscos laborais para o desenvolvemento das competencias profesionais especificadas no RD 39/1997
- Formación en Director de seguridade segundo Lei 23/1992; RD 2364/1994; Orde 23 abril 1997
Obxectivos específicos
- Conceptos e teorías clave acerca da Prevención de riscos laborais
- Historia da seguridade e prevención de riscos
- Revisión das disciplinas e formas de coñecemento tradicionais en materia de seguridade e a súa aplicación
- Políticas de seguridade e as súas aplicacións no ámbito laboral, educativo e persoal
- Aprender diferentes metodoloxías para a avaliación dos riscos nos distintos campos da actividade empresarial e as actuacións de prevención e corrección necesarias
- Coñecer distintos sistemas de planificación, xestión e avaliación das actividades para desenvolver por un Servizo de Prevención, así como establecer programas de prevención baseados na avaliación dos riscos no lugar de traballo
- Adquirir os coñecementos necesarios para integrar a Xestión de Riscos Laborais no conxunto das funcións clásicas da empresa, a fin de contribuír con elas a incrementar a calidade, a produtividade e reducir os riscos laborais e o impacto ambiental
Coa impartición deste curso, preténdese formar técnicos superiores en Prevención de riscos laborais segundo o establecido no Programa Xeral que contempla o RD 39/1997 do 17 de xaneiro, BOE do 31 de xaneiro, para o título de experto de Grao superior, de forma que o estudantado adquira os coñecementos necesarios para o desenvolver os plans e programas que establece o citado decreto, dentro das especialidades de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía.