Xustificación académica, científica e profesional
Estes estudos teñen a súa orixe e xustificación na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais así como no Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, que esixe ás empresas españolas establecer sistemas de prevención de riscos laborais coa finalidade de outorgar aos traballadores unha protección eficaz nos seus postos de traballo. Para iso os empregadores necesitaron da contratación de persoal especializado en prevención de riscos laborais, cuxa formación vén identificada no Anexo VI do Real Decreto 39/1997, onde se establece o contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel superior e que consta de tres partes: Unha obrigatoria e común; outra de especialización e, unha terceira parte na que o estudantado realizará un traballo final de máster.
Trátase dun máster con orientación profesionalizante que proporciona ao estudantado a acreditación necesaria para desenvolver funcións superiores no ámbito da prevención de riscos laborais dentro da especialidade cursada, debido a que o seu plan de estudos está deseñado de maneira coherente co programa formativo que figura no Anexo VI do RD 39/1997, de Servizos de Prevención de Riscos Laborais, de acordo co que dispón o RD 337/2010. As especialidades e disciplinas preventivas que desenvolve o máster son as previstas neste Real Decreto: Hixiene Industrial, Ergonomía e Seguridade no Traballo, excepto a de Vixilancia da Saúde / Medicina do Traballo (dado que os especialistas na devandita especialidade han de ser médicos e realizar a especialidade vía MIR).
Ao mesmo tempo preténdese formar a aquel estudantado que poida desenvolver as funcións de coordinadores en materia de seguridade e saúde contempladas no RD 1627/97 (Regulamento de obras de construción).
O programa de Prevención de Riscos Laborais presentado é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica en ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e profesional do estudantado como especialistas en prevención de riscos laborais. Por tanto, o Máster en Prevención de Riscos Laborais é un máster oficial que ten un carácter académico transversal, dado que forma profesionais da prevención con funcións de carácter superior que exercerán en empresas de todos os ámbitos, de acordo coa lexislación vixente. Esta formación e a acreditación profesional necesaria só se poden adquirir mediante un máster universitario oficial como o que aquí se propón.
Dada a diversidade de materias que se abordan no máster e ás esixencias legais relativas á formación en prevención de riscos laborais de nivel superior, a responsabilidade e a impartición da docencia correspondeu a distintos profesionais e especialistas en cada unha delas. Entre os profesionais contouse con catedráticos e profesores titulares de Universidade, altos cargos da Administración Estatal e autonómica, especialistas e técnicos con destacados e contrastados coñecementos en materia preventiva procedentes da Administración, así como das Mutuas de Accidentes de Traballo, o que esixiu, consecuentemente, un especial esforzo de cooperación e planificación.
- Máster en PRL (Universidad Católica de San Antonio de Murcia)
- Máster Universitario en PRL (Universidad Católica de Valencia San Vicente)
- Máster en PRL (Universidad Miguel Hernández de Elche)
- Máster en PRL (Universidad de Extremadura)
- Máster en PRL (Universidad de Huelva)
- Máster en PRL (Universidad de León)
- Máster en PRL (Universidad de Oviedo)
- Máster en gestión de la PRL, calidad y medio ambiente (Universidad de Valladolid)
- Máster en PRL (Universidad de Zaragoza)
- Máster en PRL (Universidad de Valencia)
- Máster en PRL (Universidad Jaume I de Castellón)
- Máster universitario de PRL (Universitat Oberta de Catalunya)
- Máster en PRL (Universidad Politécnica de Valencia)
- Máster en PRL (Universitat Rovira i Virgili)
- Máster Universitario en PRL (Universidad Camilo José Cela)
- Máster Universitario en PRL (Universidad Carlos III de Madrid)
- Máster Universitario en PRL (Universidad Francisco de Vitoria)
- Máster Universitario en PRL (Universidad de La Laguna)
O centro conta cun SGC no que se recolle toda a información e procedementos asociados coa ‘Política e obxectivos de calidade da formación’ (capítulo 4 do manual do SGC). Tal e como se indica no procedemento PC02 (Procedemento para a revisión e mellora das titulacións) do SGC, ao finalizar o curso académico, os coordinadores do título reciben da área de Calidade, un informe con indicadores e datos recompilados durante o desenvolvemento da actividade docente e do ensino do curso académico.
Estes datos xunto coa propia información da comisión académica do título son analizados durante a elaboración do informe de seguimento do título que xera, entre outros resultados, un Plan de Melloras (véxase apartado Calidade).