Perfil de ingreso
O máster ten carácter multidisciplinar, polo cal pode acceder todo o estudantado que posúa unha titulación universitaria relacionada con:
- Estudos técnicos
- Ciencias experimentais
- Ciencias da saúde
- Ciencias sociais e xurídicas
O procedemento documentado para a selección, admisión e matriculación de estudantes aparece recollido no AC-0104 P1 do Sistema de Garantía de Calidade do centro.
Criterios de admisión
Terá preferencia o estudantado que proveña das titulacións mencionadas no apartado do perfil de ingreso, segundo a orde indicada.
No caso de exceder o número máximo de prazas ofertadas, priorizarase a admisión segundo a orde seguinte:
- Expediente académico
- Currículo en temas de Prevención de Riscos (valorarase o título de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais)
- Currículo xeral
- Outros méritos
- Entrevista persoal, se procede
Para a selección do estudantado crearase unha comisión formada polas persoas coordinadoras do posgrao.
Consulta o calendario de matrícula así como as listaxes de persoas admitidas e/ou excluídas.
Condicións ou probas de acceso especiais
Non se establecen criterios específicos de acceso á titulación. Así mesmo, tampouco se considera necesaria a realización de ningunha proba de acceso especial á mesma. Deste xeito, todo o estudantado que superara os requisitos de acceso á titulación establecidos pola lexislación vixente e de acordo cos mecanismos establecidos pola propia Universidade de Vigo e a Comisión Académica do Máster terá acceso directo á titulación.