Inicio

 

Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais

Tratase dun máster interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e profesional do estudantado como especialistas en prevención de riscos laborais. Pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.

 

Información básica do título

 

 

 
Máster Universitario con orientación profesionalizante que capacita para o desenvolvemento das funcións de Técnico Superior no ámbito da Prevención de Riscos Laborais:

  • Especialidade en Seguridade no Traballo
  • Especialidade en Hixiene Industrial
  • Especialidade en Ergonomía e Psicosociología